Desaparece unha parella de octoxenarios no Valadouro

A Garda Civil despregou un operativo no Concello

Los desaparecidos en O Valadouro. EP
photo_camera Os desaparecidos no Valadouro. EP

A Garda Civil ten despregado un operarativo no Valadouro para localizar a unha parella de octoxenarios que falta do seu domicilio desde este domingo.

Ambos foron votar, ao redor da hora para comer, e despois foron comer ao Valeco, en Mondoñedo. Xa non regresaron á casa.

Viaxaban nun Citröen C4 de cor gris e sospéitase que puideron accidentarse, polo que se están facendo batidas por camiños, non só do municipio senón tamén doutros limítrofes, como Viveiro ou Mondoñedo, porque a parella comentara que ía comer fóra.

Un familiar foi o que avisou da súa desaparición. Os desaparecidos, Primitivo Marrube e Celsa Chao, viven na parroquia de Recaré.