Despregan barreiras anticontaminación no porto da Coruña polo afundimento dun barco

A embarcación verteu gasóleo e provocou unha mancha de pequenas dimensións no mar

O afundimento dun pesqueiro na céntrica zona da Mariña, no porto da Coruña, obrigou a instalar na zona barreiras e mantas anticontaminación.

A embarcación vertió gasóleo á auga e provocou unha mancha no mar de pequenas dimensións, informou Emerxencias. No incidente non se rexistraron danos persoais.

O 112 Galicia recibiu unha chamada da Autoridade Portuaria da Coruña ás 13.45 horas deste sábado informando o afundimento do barco. Acto seguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén foi alertada a Garda Civil. 

Comentarios