Detido un lucense en Vigo por losquear e empuxar á súa noiva

O mozo, de 20 anos, recoñeceu que pegara á moza durante unha discusión por motivos económicos

Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

A Policía Local de Vigo detivo un mozo lucense de 20 anos por un delito de violencia de xénero despois de que losquease e empuxase á súa noiva durante unha discusión por motivos "económicos". Os feitos producíronse pasadas as doce da noite deste mércores. Foi entón cando a Policía recibiu unha chamada alertando dunha situación de malos tratos. 

O agora detido é D.S.A., natural da provincia de Lugo e con domicilio na cidade olívica, relatou aos axentes que acudiron ao lugar que discutira coa súa noiva, coa cal convive, por asuntos de diñeiro derivados da falta de traballo. Tamén recoñeceu que nun momento da rifa chegara a losqueala e a empuxala

Os policías entrevistáronse coa súa parella, unha moza de 18 anos, quen confirmou o motivo da discusión e alegou que ela se defendera da agresión e que non tiña intención de presentar denuncia. 

Comentarios