Deteñen a un mozo por pegar á súa parella en Vigo

Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

A Policía Local de Vigo detivo este xoves a un mozo, E.P., de 29 anos, por un delito de violencia de xénero a pesar de que a súa parella se negou a denunciar e incluso a ser atendida polos servizos médicos.

Segundo informou este venres, a Policía recibiu unha chamada telefónica desde a zona de Torrecedeira, onde acudiron os axentes, os cales se atoparon nas escaleiras de acceso á vivenda onde se produciu o episodio ao agora detido, quen trataba de abandonar o lugar.

Os axentes interceptaron e retiveron ao mozo, e entrevistáronse coa vítima, S. P., de Vigo e 22 anos de idade. A moza relatou que no transcurso dunha discusión, a súa parella a suxetou polos brazos e e tirou ao chan, e engadiu que era a primeira vez que pasaba e que tiña medo de denunciar. Para apoiar esta afirmación, tras a chegada da ambulancia solicitada polos axentes, a moza declinou ser atendida.

A pesar diso, e tras a observación dos feitos relatados, os axentes procederon á detención do mozo pola comisión dun delito de violencia de xénero.

Comentarios