Detido un home na Pobra con cocaína, heroína e haxix na súa casa

Os axentes empezaron a investigalo ao sospeitar que vendía droga na contorna da súa vivenda

A Garda Civil detivo na Pobra do Caramiñal a un home de 49 anos que tiña cocaína, heroína e haxix no seu domicilio. Os axentes empezaron a investigación cando sospeitaron que o agora arrestado vendía drogas na contorna do seu domicilio e o xulgado de primeira instancia e instrución número un de Ribeira ordenou un rexistro.

Foron achadas 32 dose de cocaína, 45 de heroína, 1,5 gramos de haxix e 980 euros en efectivo, ademais dunha báscula de precisión e cinco axendas con datos vinculados á venda, polo que o home foi detido como suposto autor dun delito de tráfico de drogas, informa o instituto armado.

Comentarios