Detido un mozo do Carballiño por un roubo con forza nunha nave téxtil

O individuo accedeu á nave tras saltar un valo e entrar cunha chave falsa

A Garda Civil detivo a un cidadán portugués de 29 anos veciño do municipio ourensán do Carballiño por un roubo con forza nunha nave téxtil.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 21.30 horas do luns 12 de decembro foi detido o cidadán portugués F.A., de 29 anos e veciño do Carballiño, como presunto autor dun delito de roubo con forza nunha nave téxtil.

As mesmas fontes relataron que o individuo accedeu á nave tras saltar un valo e entrar cunha chave falsa. No lugar apoderouse de varias pezas de roupa.

Por outra banda, a Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a M.D., de 29 anos e veciño de Cuenca, en virtude dunha requisitoria xudicial de procura, detención e personación dimanante dos xulgados de Tarancón e Cuenca.

Comentarios