Detida unha veciña de Pontevedra por roubar un móbil valorado en máis de mil euros

Os feitos tiveron lugar na madrugada deste 3 de maio sobre as 3.15 horas cando se recibiu unha chamada dun encargado dun local de lecer

Axentes da Policía Nacional durante un operativo. GALICIAÉ
photo_camera Axentes da Policía Nacional. EP

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron e detido a strong <>unha muller de 37 anos, veciña de Pontevedra e con antecedentes policiais, como presunta autora dun delito de furto nun local de lecer por subtraer un teléfono móbil valorado en máis de mil euros. 

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar na madrugada deste 3 de maio sobre as 3.15 horas cando se recibiu unha chamada dun encargado dun local de lecer onde supostamente sorprenderan a unha muller cando trataba de fuxir a toda velocidade tras subtraer un bolso. 

Esta muller supostamente, relataron as mesmas fontes, subtraera o bolso dunha dunha das clientas que apoiara nunha barra. No interior do bolso había un teléfono móbil valorado en strong <>1.100 euros e facilitoulle a descrición física ao encargado do establecemento, abundou a Policía. 

Os axentes que se desprazaron ao lugar dos feitos atopáronse xa coa presunta autora da subtracción "á que identificaron e detiveron por un delito de furto", engade a Policía. 

Os axentes policiais, unha vez recuperado, fixéronlle entrega á súa propietaria do seu teléfono valorado en máis de 1.000 euros. Ademais, en dependencias policiais a vítima presentou denuncia polo sucedido. Pola súa banda, a detida foi posta a disposición da autoridade xudicial. 
 

Comentarios