Detidas 10 persoas en Galicia e Asturias nunha operación contra o tráfico de cocaína

Foi intervido un quilo desta substancia que proviña de Vilanova de Arousa e ía de camiño a Xixón

 

Máquina de contar billetes de la organización que traficaba de Vilanova a Asturias. DP
photo_camera Máquina de contar billetes de la organización que traficaba de Vilanova a Asturias. DP

Axentes da Policía Nacional detiveron a dez persoas, oito en Xixón e dúas en Galicia, dunha organización criminal pola introdución e tráfico de cocaína entre Vilanova de Arousa e a cidade asturiana.

Segundo informou a Policía Nacional, a sustancia estupefaciente procedía da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa e interveuse un quilo de cocaína oculta no maleteiro dun vehículo que regresaba a Xixón desde a localidade pontevedresa.

Durante o operativo levaron a cabo sete rexistros en inmobles nos que se interviñeron dous armas de fogo simuladas, unha máquina de contar diñeiro e diverso material para manipular e adulterar a droga.

A investigación iniciouse no mes de setembro cando se descubriu que un grupo de persoas estaban a introducir cocaína en Xixón e distribuíndoa na cidade polo miúdo.

Os traballos policiais permitiron confirmar que a droga procedía de Galicia, da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa á que os compradores xixoneses viaxaban habitualmente para aprovisionarse.

HISTORIAL DELITUOSO

O desenvolvemento das pescudas permitiu confirmar que o provedor da droga era un coñecido narcotraficante galego, pertencente a "un dos clans máis activos no tráfico de drogas internacional", explica a Policía.

Esta persona, nos seus contactos cos compradores xixoneses, utilizaba como intermediario a un empresario dedicado á venda de marisco, negocio que lle servía de tapadeira para as súas transaccións ilícitas. De forma habitual viaxaba a Xixón para vender a súa mercadoría e, ademais, pechar tratos cos membros do grupo xixonés.

Unha vez que se comprobou o nexo entre os provedores galegos e os distribuidores xixoneses, a operación policial desencadeouse cando os investigados asturianos regresaban a Xixón após efectuar unha viaxe a Galicia para abastecerse.

"Este extremo foi corroborado ao atopar un quilogramo de cocaína no maleteiro do vehículo no que viaxaban, que levaban oculto entre varios efectos, roupas e bolsas", destaca a Policía.

No marco do operativo despregado foron detidos oito veciños de Xixón, pertencentes "ao grupo criminal máis activo na distribución de droga na cidade", subliña a Policía, e os dous provedores galegos.

REXISTROS

Así mesmo, realizáronse rexistros de cinco inmobles en Xixón e dous na localidade pontevedresa, nos que foron localizadas dous armas de fogo simuladas, unha máquina de contar diñeiro, pequenas cantidades de haxix, 7.250 euros e cuantioso material de corte para manipular e adulterar a droga.

A investigación foi desenvolvida polo Grupo de Estupefacientes da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Xixón coa colaboración de efectivos da Udyco da Xefatura Superior de Policía da Coruña e o Greco Galicia no mes de febreiro.

Os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial, que até esta semana mantivo as dilixencias secretas, concretou a Policía Nacional.