Detido por atropelar a un veciño en Padrenda por unha rifa

A vítima de 46 anos, foi evacuada ao CHUO

O home detido por atropelar a un veciño da localidade ourensá de Padrenda por unha suposta rifa pasará a disposición xudicial este luns nun xulgado de Bande.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, o detido, que permaneceu en dependencias do cuartel de Xinzo de Limia, está previsto que pase a disposición xudicial a partir das 12.30 horas deste luns en Bande. 

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo ás 20,00 horas deste domingo a J.N.F., de 57 anos de idade e veciño de Formarigo, en Padrenda, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio. 

O home foi arrestado tras atropelar co seu vehículo a un veciño de Agra, no mesmo municipio de Padrenda, de 46 anos, ao que lle causou lesións en mans custado esquerdo e cabeza, debido ao que foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). 

A investigación apunta a unha posible rifa como causa do atropelo desta persoa.