Detido en Ourense por intentar agredir sexualmente a unha muller embarazada

O home agarrou á vítima para metela nun portal pero esta conseguiu zafarse

Calle Doutor Fléming, de Ourense, donde se produjo el intento de agresión. TVG
photo_camera Rúa Doutor Fléming, de Ourense, onde se produciu o intento de agresión. TVG

A Policía Nacional detivo en Ourense a un home de 26 anos por intentar agredir sexualmente a unha muller embarazada no portal da súa casa.

Os feitos ocorreron o pasado sábado, a plena luz do día, na céntrica rúa Doutor Fléming. A muller, duns 30 anos e embarazada de catro meses, dirixíase á súa casa despois do traballo cando o home, veciño da zona, agarrouna e intentou metela no portal. Tras un forcexo, a vítima conseguiu librarse do seu agresor e pedir axuda.

Logo de presentar denuncia ante a Policía Nacional, os axentes localizaron e detiveron ao presunto agresor, que recoñeceu os feitos e quedou en liberdade a espera de pasar a disposición xudicial.

Pola súa banda, a muller foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) para ser examinada.