En liberdade o fillo e a nora dunha lalinense de 70 anos falecida en Sello

A muller vivía co matrimonio ► Ela terá que comparecer semanalmente e el farao quincenalmente

El detenido en Lalín pasa a disposición judicial. PATRI FIGUEIRAS
photo_camera Igrexa de Sello, en Lalín. DP

A Garda Civil detivo este luns en Lalín a J.A.R.C. e M.R.T. en relación coa morte de María del Carmen Castro Lamas, unha lalinense de 71 anos finada o pasado venres na parroquia de Sello. Os detidos son o único fillo e a nora da vítima, que vivía coa parella tras o falecemento do seu marido fai ao redor dun ano. 

Este martes, foron postos ambos a disposición do xulgado de Instrución en funcións de garda de Lalín e finalmente quedaron en liberdade, ao non formalizarse unha solicitude de prisión por unha ningunha das partes, entre elas a Fiscalía. A nora da vítima terá que comparecer semanalmente e el farao quincenalmente. Ademais, confirmaron fontes xudiciais, o xulgado que instrúe esta causa está á espera do informe definitivo da autopsia, despois de que a Garda Civil apuntase que os primeiros avances determinaron a asfixia como posible causa da morte.

A parella tardou doce horas en pedir axuda ao centro médico da zona para a septuaxenaria, á que coidaban desde fai oito anos. Segundo informou a Garda Civil nun comunicado de prensa, o luns foi detida a muller pola súa suposta vinculación co falecemento da nai do seu compañeiro sentimental. O fillo da vítima tamén foi arrestado por encubrimento e denegación de auxilio.

Por mor das investigacións realizadas polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil púidose pescudar que as dúas persoas convivían coa vítima, á que coidaban desde fai uns oitos anos por tratarse dunha persoa "totalmente incapacitada para o desenvolvemento das súas actividades vitais", relataron as mesmas fontes.

O falecemento da septuaxenaria, a pesar de que puido ocorrer durante a tarde do pasado xoves día 1 non foi notificado no centro médico da localidade ata o día seguinte. "A demora, claramente inxustificada na comunicación do falecemento, o estado no que a comisión xudicial e a Garda Civil atoparon a estancia onde apareceu o cadáver no interior da vivenda, os signos externos do corpo da vítima e os primeiros avances da autopsia determinan a asfixia como posible causa da morte", subliña a Benemérita.

Por mor das indagacións realizadas e os testemuños recolleitos polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil encargado das investigacións, durante a mañá do luns procedeuse á detención de M.S.R.T., como presunta autora, acusada dun suposto delito de homicidio, e do seu compañeiro sentimental J.A.R.C., por encubrimento.

DENEGACIÓN DE AUXILIO. Ao fillo da vítima acúsaselle tamén dun delito de denegación de auxilio porque, sostén o Instituto Armado, "cando chegou a casa e a súa parella informoulle de que a súa nai podería estar morta, aínda sen ter a certeza do seu falecemento, deixou transcorrer máis de doce horas ata que se presentou no centro médico para solicitar axuda".

VECIÑOS. A noticia causou este luns sorpresa entre os veciños, que apuntan que a falecida levaba tempo encamada. Algún deles sinalaba na tarde deste luns que "parece que non estaba moi ben coidada" pola parella, coa que residía, nunha casa do lugar de Xesteira, situada preto do domicilio do lugar de Cima de Sello que a muller compartiu co seu esposo.

A Garda Civil se personó na vivenda da familia o día do óbito da muller e permaneceu na casa desde antes de media mañá ata ao redor do catro da tarde. Ata a vivenda tamén se desprazou unha ambulancia con persoal médico.

Carmen Castro Lamas foi velada nunha das salas de Velorios de Lalín, na capital do Deza, e enterrada o sábado no cemiterio de Sello, despois da celebración do funeral na igrexa parroquial ás 16.50 horas.