Son xa 23 os detidos nun gran operativo contra o tráfico de drogas na Coruña

A zona de Monte Alto, cortada ao tráfico pola Policía Local 

 

Agentes de la Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO
photo_camera Axentes da Policía Nacional durante un operativo. ARQUIVO

Un total de 23 persoas foron detidas na Coruña nun operativo contra o tráfico de drogas, que comezou pasadas as cinco da madrugada deste xoves cun amplo despregamento policial na zona de Orillamar. Así o confirmaron fontes policiais que explicaron que a operación, que está baixo segredo de sumario e que leva a cabo a Policía Nacional, segue aberto e que non se descartan novas detencións.

No lugar atópanse unha treintenta de efectivos. Entre eles hai axentes antidisturbios e tamén un helicóptero da Policía Nacional. 
Así mesmo, foron mobilizados axentes da Policía Local, para regular o tráfico, así como un camión de Bombeiros da Coruña por se era necesaria a súa intervención.

CORTE DE TRÁFICO. Por parte da Policía Local indicaron que a zona permanece cortada ao tráfico desde as 5.00 horas e que a previsión é que o operativo se manteña durante toda a mañá e, posiblemente, parte da tarde. O corte de tráfico afecta tanto a vehículos particulares como aos autobuses urbanos, que se desviaron desde o inicio da rúa Orillamar. 

Comentarios