A DXT pon en marcha a operación especial de tráfico do primeiro de agosto

La AC-11 en A Coruña. DGT
photo_camera A AC-11 na Coruña. DXT

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) pon en marcha este venres a Operación Especial de Tráfico do 1º de Agosto nas estradas de Galicia, na que se espera un incremento da intensidade do tráfico a partir das 15:00 horas do 31 de xullo, polo que se establecerán controis en zonas conflitivas.

A campaña dará cobertura, con unha serie de medidas de regulación, aos desprazamentos que se producirán durante entre o 31 de xullo e o 2 de agosto, contando para iso coa máxima dispoñibilidade dos seus medios humanos (axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, funcionarios de Centros de Xestión de Tráfico, patrullas de Helicópteros e persoal do mantemento e instalación de medidas na estrada). 

O obxectivo é "facilitar a mobilidade e fluidez das estradas nas que se prevén desprazamentos de vehículos", así como velar pola seguridade viaria. Segundo os datos da DXT, as estradas con maior afluencia de vehículos serán, entre outras, as autoestradas AP-9, AG-55 ou A-55, as autovías A-6, A-52 e A-8 e as nacionais N-VIN, N-550, N-634, N-120, N-525 e N-642. 

En xeral, os momentos de maior intensidade serán este venres entre as 16:00 e as 23:00 horas; o sábado 1 de agosto entre as 8:00 e as 15:00 horas e o domingo entre as 18:00 e as 14:00 horas. 

Así, a DXT advirte dun total de 37 puntos conflitivos nas estradas galegas para esta operación, entre os que inclúe o tramo da A-8 entre Mondoñedo e Abadín (Lugo), por mor das néboas. 


Por provincias

Na provincia de Lugo hai outra dúas zona con dificultades na LU-P-0610, no enlace entre as praias Altar-Reinante-Os Castros e na LU-P-6412 entre Suegos e O Vicedo, polo interese turístico que suscita o enclave de Fuciño do Porco. 

Pola súa banda, A Coruña é a provincia con máis puntos conflitivos, un total de 17, todos por prevencións, catro deles situados na AP-9, concretamente no acceso á Coruña: na peaxe de Cecebre e Macenda; a peaxe de Teo en sentido Santiago; e o acceso a Ferrol. 

Nas estradas ourensás hai tres puntos conflitivos: na N-120 (na área comercial de Ourense); na vía OU-540 e na N-525, por tráfico intenso.

En Pontevedra hai un total de 14, a maioría por retencións e accesos a praias, entre eles, a A-52 no Porriño; A-55 (Vigo-Tui) á entrada de Vigo, ou a Ponte de Rande na AP-9.

Comentarios