Dimite unha itegrante do PSOE de Ferrol por desacordos con Sestayo

A secretaria local do partido asegura que só hai "unha renuncia" na executiva que ela lidera

A renuncia de Marta Masafret da executiva do PSOE de Ferrol, da que era vocal pero sen postos de responsabilidade, débese a que a tenente de alcalde e secretaria municipal Bestriz Sestayo, abandonou un pleno nun debate no que se reclamaba carga de traballo para o naval.

A secretaria do PSdeG en Ferrol, Beatriz Sestayo, recoñeceu que existe "unha dimisión" na executiva que ela lidera. Marta Masafret Méndez si que presentou a súa renuncia a seguir formando parte da executiva local, decisión que foi comunicada mediante correo electrónico á dirección autonómica, provincial e local do PSdeG.

Así, o motivo da dimisión de Masafret Méndez, e que aparecen reflectidas neste documento, foi o seu desacordo coa decisión da secretaria local e primeira tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, de abandonar o pleno do Concello de Ferrol cando se iniciou o debate dunha moción presentada polo grupo municipal de Partido Popular sobre carga de traballo.

Concretamente, nesa proposta propúñase á corporación local instar o Goberno de España, á Sepi e a dirección de Navantia, a impulsar de forma definitiva a firma do contrato entre a empresa naval e a Armada de Arabia Saudita para a construción de cinco corvetas.

OUTRO EDIL. Ademais de Sestayo, tamén se ausentou do debate outro edil socialista, Bruno Díaz. Ningún dos dous exerceu o seu dereito a voto no pleno municipal.

Esta situación foi a que levou a esta militante a dimitir da executiva, tendo en conta que traballa para unha empresa do sector naval e que, ademais, acaba de ser nomeada recentemente presidenta do comité de empresa, tras ser elixida como delegada dos traballadores polo sindicato UXT.

Comentarios