A Deputación de Ourense segue no aire este luns á espera de todas as mesas

Esta valoración prodúcese horas logo da incerta xornada vivida este domingo

Manuel Baltar. EP
photo_camera Manuel Baltar. EP

A maioría absoluta na Deputación de Ourense segue no aire tras unha noite electoral que estivo marcada pola incerteza ante a posibilidade de que o PP non revalidase a maioría absoluta e que se prolongou ao haber aínda mesas por escrutar. 

Así o trasladou este luns o presidente do PP de Ourense e da institución provincial, José Manuel Baltar, nunha comparecencia de prensa na que analizou os resultados electorais obtidos polo partido na provincia. 

Baltar indicou que o partido "aínda" non pode certificar datos oficiais e, acto seguido, situou esa maioría absoluta "por centos de votos". 

Nestes momentos, o PP tería 12 escanos (13 é a maioría absoluta), 9 o PSOE, 2 Democracia Ourensana, 1 BNG e 1 Ciudadanos.

Esta valoración prodúcese horas despois da incerta xornada vivida este domingo, nas sedes dos principais partidos (PSOE e PP), ao confirmarse que un puñado de votos separaba ao PP da maioría absoluta.

Comentarios