jueves. 29.10.2020 |
El tiempo
jueves. 29.10.2020
El tiempo

Dous nenos galegos, ao hospital tras provocarse danos "graves" nos ollos con xel hidroalcohólico

Un neno lávase as mans nunha aula. EFE
Un neno lávase as mans nunha aula. EFE
Os pediatras advirten do risco de queimadura ocular en menores pola exposición accidental a este tipo de produtos

Os servizos de Pediatría e Oftalmoloxía do Área Sanitaria de Santiago e Barbanza alertaron sobre o risco en menores derivado das exposicións accidentais aos xeles hidroalcohólicos.  Así o advertiu a área sanitaria compostelá nun comunicado de prensa, no que explica que, aínda que a maioría dos casos "son leves", nestes últimos días "dous nenos" desta zona tiveron que "recibir atención hospitalaria por unha afectación ocular grave". 

Ante esta situación, o xefe do servizo de Pediatría, Federico Martinón, sinalou que "se hai unha exposición accidental nos ollos deste tipo de produtos, débese actuar con rapidez lavando a zona con "auga abundante e recibir asistencia médica inmediata". 

Mentres, a responsable de Urxencias Pediátricas, Susana Rei, fixo fincapé "na necesidade de manter estes xeles fose do alcance dos nenos e que o seu uso sempre estea supervisado por un adulto". 

Hai uns días o Servizo de Información Toxicolóxica do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses publicaba o aumento significativo, destacaron as mesmas fontes, de strong <>intoxicacións accidentais por xeles hidroalcohólicos en nenos durante a pandemia e pedía precaución co uso destes.  Susana Rei destacou que no que vai de 2020 aumentaron un 900% os casos de intoxicación con respecto ao total de 2019, e a maioría foi por mor da inxesta en menores. 

Dous nenos galegos, ao hospital tras provocarse danos "graves" nos...
comentarios