Duque: “Quen di que o Goberno se vende aos independentistas, mente”

O ministro asegura que no Consello de Ministros "nunca se soubo de tal cousa"

Pedro Duque, en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Pedro Duque, en Lugo. XESÚS Ponche

O ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, asegurou este domingo que é “totalmente falso o que din algúns de que o Goberno se entregou aos independistas”, xa que no Consello de Ministros “nunca se falou de tal cousa”.

“Nestes meses non se fixo nin unha soa cesión nin se tomou ningunha medida fóra da Constitución, non se lle tocou nin unha coma”, apuntou Duque durante a súa participación nun mitin en Lugo en apoio aos candidatos do PSOE ás próximas eleccións xerais.

Neste sentido, o ministro tamén tachou de "mentira” a acusación de que se gastou “un diñeiro que non había”, durante os dez meses de Goberno socialista, porque a ministra de Hacienda, María Jesús Montero, "non nos deixou gastar un só euro de máis”, subliñou.

“Esas acusacións son todo mentira, só existen na súa fantasía”, asegurou Duque, quen pediu o voto para o PSOE porque é “o único partido que garante o investimento e ciencia e innovación”, o que implica “un futuro mellor”.

Comentarios