Educación convocará en 2019 unha nova oferta de emprego docente

A conselleira, Carmen Pomar, asegurou que as cifras serán similares ás do pasado ano

Oposiciones del Sergas. AEP
photo_camera Oposicións do Sergas. AEP

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anunciou este luns en comisión parlamentaria a convocatoria dunha nova Oferta Pública de Emprego en 2019 e no que incumbe aos niveis de educación primaria, secundaria e formación profesional, entre outros ensinos.

A conselleira asegurou, ao explicar ante este órgano o orzamento para o próximo exercicio do seu departamento e as entidades instrumentais dependentes, que as cifras destas oposicións serán similares ás deste ano "aínda que non se poden concretar as cifras exactas" a día de hoxe, e si que incluirán 35 especialidades.

"Estamos a consolidar un compromiso de estabilidade co emprego público docente que nos sitúa nas mellores condicións de cumprimento do conxunto do estado español", resaltou Pomar.

A oferta de emprego prevista para 2019 incluirá, segundo anunciou, 19 especialidades para ensino secundario, 5 de profesores técnicos de FP, unha de escolas oficiais de idiomas, dous do corpo de profesores de música e artes escénicas, e 8 de mestres.
"é público e notorio que temos a taxa de interinidade máis baixa de España, pero, aínda así, seguiremos traballando para mellorar esta posición", destacou a conselleira durante a súa intervención.

A oferta de emprego prevista para 2019 incluirá 19 especialidades para ensino secundario, 5 de profesores técnicos de FP, unha de escolas oficiais de idiomas, dous do corpo de profesores de música e artes escénicas, e 8 de mestres.

En 2019 tamén esta prevista unha subida no salario dos traballadores deste sector e un investimento de máis de sete millóns de euros para accións de formación.

Educación tamén investirá preto de 30 millóns de euros para comedores escolares, máis de 100 millóns de euros para o transporte escolar e unha partida de case 11 millóns de euros destinados a axudas para comprar de material escolar e libros de texto.

A Xunta de Galicia ademais ten previsto destinar máis de 36 millóns de euros para diferentes proxectos relacionados coas infraestruturas educativas das catro provincias galegas.

Para finalizar, remarcou que crece o orzamento para a prevención do abandono escolar temperán e do éxito escolar ata chegar aos 4,8 millóns de euros.

Pomar recordou así mesmo que Galicia acaba de rexistrar neste terceiro trimestre a taxa máis baixa de abandono educativo temperán desde que se dispón de datos, un 13,5%, o que supón un descenso de máis de dous de puntos respecto do mesmo trimestre de 2017.

Comentarios