Martiño Noriega non dará subvencións ás confrarías de Semana Santa

O alcalde de Santiago si dará axudas para a organización, seguridade e ordenación do tráfico do evento
El alcalde de Teo y coportavoz de ANova, Martiño Noriega
photo_camera El alcalde de Teo y coportavoz de ANova, Martiño Noriega

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, confirmou este martes que o Concello compostelán non dará subvencións ás confrarías de Semana Santa.

Horas antes de manter unha reunión con representantes destas confrarías, o rexedor comprometeu a axuda municipal en cuestións de organización, dispositivos de seguridade ou ordenación do tráfico durante a Semana Santa, aínda que confirmou que "a vontade é a de non subvencionar". 

Ao mesmo tempo, falou das axudas concedidas o ano pasado e que aínda non se entregaron porque "están reparadas por Intervención" por consideralas "subvencións encubertas". En todo caso, o rexedor apuntou que se trata de subvencións "moi puntuais" e de cantidades "non moi importantes".

Comentarios