O Cupón da Once deixa 245.000 euros na Coruña

O punto de venda que trouxo a sorte á cidade herculina é o situado na Praza de Lugo

O Cupón Diario da Once repartiu 245.000 euros na Coruña, en sete cupóns premiados con 35.000 euros cada un, correspondentes ao sorteo do 19 de xaneiro.

A axente vendedora da Once Julia Sánchez Sánchez levou a sorte ata A Coruña desde o seu punto de venda, situado na Praza de Lugo, xunto ao Mercado de Abastos.

O cupón da ONCE do 19 de xaneiro, dedicado á Pedriza, en Manzanares el Real (Comunidade de Madrid), tamén deixou premios en localidades de Andalucía, Cataluña e Castela e León.

Comentarios