O ex-alcalde de Piñor nega a prevaricación en contratos e acusa ao PP de persecución política

Francisco José Fraga, anterior rexedor, ten "claro a intencionalidade política que hai detrás" polo que se nega a responder as preguntas da acusación
José Fraga, alcalde de Piñor
photo_camera José Fraga, alcalde de Piñor

O ex-alcalde socialista do concello ourensán de Piñor , Francisco Fraga, negou este venres a comisión dun posible delito de prevaricación durante a súa etapa como rexedor, e ve detrás da denuncia contra el un presunto interese "político" por parte dos denunciantes, que vinculou cos seus "adversarios" políticos e, en especial, ao PP.

Á saída do edificio xudicial, comentou que, logo de ver toda a documentación do expediente, "quédame máis claro a intencionalidade política que hai detrás", polo que invitou á Plataforma Cívica a actuar "co mesmo celo".

Francisco Fraga fixo estas declaracións tras comparecer no Xulgado de Instrución 2 de Carballiño en calidade de investigado por un presunto delito de prevaricación, por mor da denuncia presentada pola Plataforma Cívica de Piñor .

Respondeu ás preguntas que lle formularon a súa propia avogada e o xuíz, e non ás da acusación, ao entender que esta parte actúa por intereses políticos.

"Esta denuncia foi presentada nun tempo propicio para que saíse a miña imputación durante a campaña electoral das pasadas municipais, aínda que non saíu, e seguiron xogando esa cuestión e dicindo que estaba imputado cando non era certo", asegurou Fraga á saída da sede xudicial.

A plataforma veciñal denunciara en xaneiro de 2015 ao rexedor socialista por un suposto delito de prevaricación relacionado coa contratación de máis dunha decena de traballadores durante os últimos once anos, poucos meses antes da celebración das eleccións municipais, motivo polo cal atribúe a esta denuncia a un interese político.

En concreto, acusan a Fraga de permitir que máis dunha ducia de traballadores pasasen de ter contratos temporais a indefinidos en anteriores etapas de goberno cando era alcalde.

Mentres tanto, Fraga nega os feitos e asegurou que a denuncia obedece a "unha acusación política e para iso están outros órganos", incidiu Fraga cuestionando a denuncia, que vincula a cargos do PP. 

Comentarios