Elena Muñoz dáse unha semana para "reflexionar" tras o resultado "moi malo" do PP en Vigo

Avoga por actuar "con pasos firmes, seguros e sen improvisacións" para recuperar a confianza perdida

Elena Muñoz. DAVID FREIRE
photo_camera Elena Muñoz. DAVID FREIRE

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo e presidenta local do partido, Elena Muñoz, deuse de prazo unha semana para "reflexionar", tanto desde o punto de vista da organización, como desde o "persoal", acerca das causas do resultado "moi malo" obtido polos populares o pasado domingo. Segundo apuntou, o PP de Vigo están nun período de análise e, ela mesma, nun momento de reflexión "persoal profunda", para a que se dá de prazo unha semana. 

Elena Muñoz explicou que o seu partido está "a analizar" as causas do desastre electoral, que levou ao seu grupo a pasar de 7 a 4 concelleiros (o peor resultado obtido nunca). "Quedamos moi lonxe do resultado minimamente exixible", admitiu

Segundo recoñeceu, "fai falta cambiar moitas cousas", porque a mensaxe do PP "non chegou" e non foi capaz de facer visible o seu proxecto para a cidade. Por iso, avogou por actuar "con pasos firmes, seguros e sen improvisacións". A ese respecto, avanzou que, unha vez finalizado este período de análise, tomaranse "decisións", aínda que matizou que ditas decisións estarán orientadas "única e exclusivamente ao mellor para todos os vigueses, a recuperar a confianza perdida, porque os vigueses necesitan un PP forte, centrado nos seus problemas e que responda ás súas necesidades". 

Comentarios