Enfermeiras eventuais denuncian "alegalidades" para cubrir ausencias do persoal fixo

Ademais sinalan que as propostas que hai encima da mesa "dan pé a que o Sergas siga permitindo unha contratación fraudulenta"
Enfermeiras Eventuais en Loita. AEP
photo_camera Enfermeiras Eventuais en Loita. AEP

O colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita denuncia que a Xunta "leva moito tempo recorrendo a formas alegales para cubrir ausencias do persoal fixo". 

Nun comunicado, ademais, advirte de que "todas estas alegalidades veranse incrementadas coa posta en marcha do contrato eventual de continuidade", que, ao seu xuízo, "dá pé a que o Sergas siga permitindo unha contratación fraudulenta". 

Xa que logo, considera a proposta "un parche que alargará aínda máis a precariedade na enfermería" e cre que "non é compatible reclamar estabilidade e aceptar un contrato que perpetúa a precariedade".

Comentarios