Esgotados os permisos para visitar as Cíes ata o 24 de agosto

A demanda turística alcanza o seu pico en agosto

Illas Cíes
photo_camera Illas Cíes

As illas Cíes manteñen o seu tirón turístico e xa non é posible obter permiso para visitalas polo menos ata o 25 de agosto. 

En total emítense ao día unhas 2.000 autorizacións, unha medida implementada para evitar a turistificación e a deterioración do parque nacional.

En xullo outorgáronse 63.000 permiso de viaxe dun día e acampada e en agosto a demanda está a ser maior.

Comentarios