España, Francia, Portugal e Italia pedirán aumentar o importe do adianto das axudas da PAC

A CE permitirá aos gandeiros europeos beneficiarse deste a partir do 16 de outubro

España, Francia, Portugal e Italia pedirán á Comisión Europea (CE), entre outras medidas de apoio ao sector lácteo, que se incremente o importe económico do anticipo das axudas da Política Agraria Común (PAC) para que se inxecte maior liquidez aos produtores de leite da Unión Europea (UE).

Así o avanzou a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, nunha conferencia de prensa xunto aos seus homólogos francés, Stéphane Lle Foll; italiano, Maurizio Martina, e portugués, Assunçao Cristas, tras a reunión deste venres para alcanzar unha postura común ante o Consello de Ministros extraordinario do 7 de setembro en Bruxelas.

García Tejerina concretou que se pedirá á CE que incremente esa porcentaxe do 50 % de anticipo de axudas, o tanto porcentual pactado ata agora, e recordou que será a partir do 16 de outubro cando os gandeiros europeos poderán beneficiarse dos anticipos da PAC de 2016.

Comentarios