Ferida de gravidade unha traballadora que caeu por un terraplén en Padrenda

A muller sufriu o acidente cando participaba na construción dunha ruta de sendeirismo

Unha traballadora foi evacuada a un centro hospitalario esta tarde ao resultar ferida de gravidade tras sufrir unha caídad e altura en Padrenda.

Así o relataron os Bombeiros de Celanova, que tiveron que intervir no rescate da muller, posto que caera por un terraplén cando traballaba na construción dunha ruta de sendeirismo. 

Un particular alertou ao CAE 112 Galicia do suceso, minutos antes das 14.00 horas deste luns, advietiendo de que a operaria, tras a caída, non podía moverse. 

O suceso produciuse no lugar de Freáns, á altura da ponte do Río Deva, na estrada que une os núcleos de Crespos e Os Viños.

Ademais dos bombeiros, interviñeron efectivos de Urxencias Médicas e da Garda Civil.

Comentarios