Ferido un home ao que lle estalou un petardo nas mans na Merca

O suceso produciuse na parroquia de Zarracós e ata o lugar desprazouse un helicópetero

Un home duns 50 anos de idade sufriu lesións graves nos dedos das mans despois de que lle estalase un petardo.

En concreto, o suceso ocorreu pouco logo das 12.00 horas deste domingo na parroquia de Zarracós, na Merca.

Un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense desprazouse ata alí para atender ao ferido, segundo informou o CAE 112 Galicia. Para colaborar cos servizos sanitarios, o persoal do 112 Galicia avisou a unha patrulla da Garda Civil.

Comentarios