Evacuado en helicóptero un operario que caeu desde catro metros en Boqueixón

O home foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago

Un operario resultou ferido de gravidade este luns pola mañá en Boqueixón ao caer desde un colector de catro metros de altura. Segundo informa o 112 Galicia, o traballador tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Os feitos ocorreron nunha nave industrial situada no lugar de Camporrapado, na parroquia de Oural, ao fío das 9.10 horas.

Enseguida achegáronse ata o lugar do accidente laboral os servizos sanitarios, que mobilizaron a aeronave con base en Santiago, así como os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boqueixón.