O exalcalde da Coruña Javier Losada, novo delegado do Goberno en Galicia

Substituirá a Santiago Villanueva no cargo

 

Javier Losada. AEP
photo_camera Javier Losada. AEP

O exalcalde da Coruña entre 2006 e 2011 Javier Losada foi nomeado como novo delegado do Goberno en Galicia, en substitución de Santiago Villanueva, segundo acordou este venres o Consello de Ministros.

Francisco Javier Losada de Azpiazu, nacido na Coruña o 16 de xullo de 1955, é licenciado en Medicina e Cirurxía, especializado en Anestesioloxía e Reanimación, e á parte de alcalde foi tamén senador en tres lexislaturas, entre 2006 e 2016.

Losada substituíu á fronte da Alcaldía da Coruña a Francisco Vázquez, tras o seu nomeamento como embaixador español na Santa Sé en 2006, e ocupou o seu escano no Senado. Despois, tras as eleccións municipais do 27 de maio de 2007, Losada foi elixido alcalde co apoio do BNG. 

Comentarios