Excarcerado un condutor tras caer por un terraplén en Gondomar

O accidente tivo lugar este domingo

Un home tivo que ser excarcerado este domingo polos Bombeiros do Porriño despois de que o coche no que circulaba caese por un desnivel tras saírse da vía na parroquia de Mordagáns, Gondomar.

Un particular avisou deste accidente ao 112 Galicia pasadas as 19:20 horas e deuse aviso aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Porriño que liberaron ao condutor e levárono ata a ambulancia.

Ata o lugar os feitos tamén se trasladaron o 061-Urxencias Sanitarias, membros do GES de Val Miñor, dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.