Explosión sen feridos nun hotel de Sanxenxo
03 de septiembre de 2018 (16:49 h.)
A deflagración produciuse nunha zona de condutos de propano
Gran susto en Sanxenxo. Unha explosión preto das piscinas dun hotel saldouse con importantes danos materiais pero, por fortuna, sen feridos.
A deflagración produciuse este luns na zona traseira das piscinas, onde hai uns condutos de propano. O Hotel Vichona atópase na parroquia de Adina, nas inmediacións da estrada PO-504 que une Sanxenxo e Vilalonga.