Falece atropelado por un camión dúmper en Vilariño de Conso

Unha persoa perdeu a vida este martes pola tarde no municipio ourensán de Vilariño de Conso logo de ser atropelada por un camión dúmper. Os feitos sucederon ao redor das 18.00 horas na estrada que une Castiñeira e Vilariño.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e foron avisados efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, o GES da Gudiña e Protección Civil de Vilariño de Conso.

Unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa atropelada.