Falece un menor de seis anos na Coruña por meninxite

O colexio Grande Obra de Atocha onde estudaba o neno remitiu unha carta ás familias para informarlles da ausencia de risco de contaxio

Hospital Teresa Herrera de A Coruña. GOOGLE MAPS
photo_camera Hospital Teresa Herrera da Coruña. GOOGLE MAPS

Un menor faleceu na Coruña por mor dunha meninxite neumocócica, segundo confirmou a Consellería de Sanidade sobre unha morte que se produciu o luns.  Segundo indicaron fontes consultadas por Europa Press, trátase dun neno de seis anos que faleceu no Hospital Teresa Herrera tras presentar unha meninxite non contaxiosa. 

De feito, o colexio Grande Obra de Atocha onde estudaba o neno remitiu unha carta ás familias para informarlles da ausencia de risco de contaxio e que, por iso, non era necesario tomar algún tipo de medida preventiva con outros menores. Supostamente, sospéitase que podería tratarse dunha meninxite "autoinmune" que podería activar unha enfermidade basal que presentaría o menor.

Trataríase dunha meninxite non contaxiosa ao ser un tipo de bacteria que se desenvolveu no organismo do pequeno, segundo as fontes consultadas.