Falece unha muller na Peroxa tras ser atropelada por un turismo

O accidente rexistrouse ás 13.30 horas no lugar da Pousa

Unha muller morreu na Peroxa logo de ser alcanzada por un turismo no lugar da Pousa.

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 13:30 horas tras a chamada de alerta do condutor implicado no accidente. Indicaba que a muller presentaba lesións graves e necesitaba asistencia médica urxente. 

Deste xeito, desde o CIAE 112, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que valoraron enviar á zona o helicóptero medicalizado con base en Ourense, anulado minutos despois cando se confirmou o falecemento da muller. 

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, foron avisados os bombeiros do Carballiño, que descartaron intervir unha vez confirmado que a vítima estaba liberada e accesible.

Comentarios