jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Falece un peón tras ser arroiado por un turismo no Barco

O suceso produciuse sobre as nove da noite á altura do quilómetro 50,500, da N-536
Un home de 84 anos faleceu este sábado tras resultar atropelado por un turismo cando transitaba pola N-536 no termo municipal do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense.

Segundo indicaron fontes oficiais, o suceso produciuse sobre as nove da noite á altura do quilómetro 50,500, da N-536.

O peón, cuxas iniciais son M. S. a., veciño de Xaogaza, non portaba “ningún elemento reflector” cando transitaba por esta vía.

O condutor, que resultou ileso, deu negativo na proba de alcoholemia e drogas. 

Falece un peón tras ser arroiado por un turismo no Barco