Falece unha persoa atropelada por un tren na entrada da estación de Lugo

Vías ferroviarias próximas á estación de Lugo. AEP

O suceso tivo lugar á primeira hora da mañá deste xoves

Unha persoa faleceu na mañá deste xoves en Lugo ao ser atropelada por un tren na entrada da estación de Lugo. En concreto, segundo informa o servizo de atención ás urxencias, no punto quilométrico 431,800, entre Ponte da Chanca e o paso superior da N-640.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ao fío das 7.20 horas, a través do persoal de Adif. Deseguido informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Lugo, a Policía Local e Nacional e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade, pero unha vez no lugar os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da persoa atropelada.