Falece unha persoa tras unha colisión entre unha furgoneta e un camión en Cea

O accidente produciuse ao redor das 14.00 horas na OU-504 en San Facundo

Unha persoa morreu e outra resultou ferida este martes pola tarde nunha colisión entre unha furgoneta e un camión, no termo municipal de San Cristovo de Cea, en Ourense.

O accidente produciuse ao redor das 14.00 horas na OU-504 en San Facundo, en San Cristovo. e varios particulares alertaron de que unha persoa do camión podía estar atrapada como consecuencia da colisión.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, bombeiros e tamén foi mobilizado o helicóptero con base en Ourense.