Falece un surfeiro nunha praia de Porto do Son
18 de mayo de 2019 (17:35 h.)
Morreu na praia do Dique, a pesar dos esforzos dos efectivos de urxencia para reanimalo
Un surfeiro faleceu este sábado na praia do Dique, en Porto do Son, segundo informou o servizo 112 Galicia. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia tamén foron avisados Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.
A pesar dos esforzos para reanimar o surfeiro nada puideron facer para salvar a súa vida.