Falecen dúas persoas nun brutal accidente no Páramo

Dous vehículos chocaron frontalmente no corredor Nadela-Monforte

Uno de los coches implicados, completamente en llamas. EP
photo_camera Un dos coches implicados, completamente en chamas. EP

Dúas persoas faleceron e outra resultou ferida de gravidade na noite deste luns nunha colisión frontal entre dous vehículos no corredor Nadela-Monforte.

No accidente víronse implicados un Fiat Punto que circulaba en dirección Monforte e un Opel Corsa que viaxaba en sentido contrario e que resultou calcinado.

Os feitos ocorreron pouco antes das dez da noite no quilómetro 15,100 da vía, á altura da saída do municipio do Páramo, preto da saída do Páramo e A Pobra de San Xiao.

Unha das vítimas mortais é un home, condutor do Fiat Punto. O outro falecido, ocupante do Opel Corsa, está pendente de identificación. No Fiat Punto viaxaba tamén unha muller, que foi trasladada con feridas moi graves ao Hula.

O accidente mobilizou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do parque comarcal de Sarria, entre outros efectivos.