A familia de Socorro Pérez pide que continúe a investigación ante os indicios de ''violencia''

Cren "ao 90%", que o corpo achado este sábado en Ourense é o seu, dado que a vestimenta atopada coincide. O cadáver achábase escondido e en avanzado estado de descomposición, polo que se entende que puido ser agredida o mesmo día da súa desaparición, a comezos de maio

A familia da muller ourensá desaparecida o pasado 2 de maio está case segura de que o cadáver localizado este sábado cerca do Seminario da cidade é o de Socorro Pérez, e ademais está convencida de que morreu violentamente, polo que pediu que se siga investigando o ocorrido.


Uns cazadores veciños de Rabo do Galo, a parroquia de onde son oriúndos os avós da muller, atoparon o corpo nas inmediacións do Seminario da cidade á primeira hora desta mañá, logo de ver que uns corvos sobrevoaban a zona en círculos. Trátase dunha das zonas que centraban o rastrexo desta muller, aínda que polo momento non se confirmou a súa identidade.

Entre as hipóteses que manexan os investigadores figura que a muller morra o mesmo día da súa desaparición, en base ao avanzado estado de descomposición do corpo, "oculto por matogueiras"

O portavoz e primo da familia da muller, Jesús María Pérez, expresou esta mañá o seu convencemento "ao 90 %" de que se podería tratar de Socorro Pérez. En todo caso, pediu prudencia porque "hai que deixar unha marxe para que a Policía poida traballar, xa que agora hai que facer a autopsia e realizar as probas de ADN", aínda que "todo parece indicar que os restos son os de Socorro Pérez", engadiu.

Entre as hipóteses que manexan os investigadores figura que a muller morra o mesmo día da súa desaparición, en base ao avanzado estado de descomposición do corpo, "oculto por matogueiras" e con roupa similar á da ourensá desaparecida.

A familia insiste en que se trata dunha morte violenta que "haberá que investigar", pois a súa contorna era "apracible, relaxado, coa súa vida laboral e familiar" e unha "rutina diaria moi transparente", sen problemas económicos ou laborais e sen unha relación sentimental coñecida.


''UN PEQUENO ALIVIO'' NO MEDIO DA TRAXEDIA. A muller, de 43 anos e veciña do barrio do Couto, saíu a camiñar o pasado 2 de maio e foi vista por última vez cando regresaba ao seu domicilio de facer deporte. De confirmarse que os restos son os de Socorro Pérez, suporá "un pequeno alivio" dentro da traxedia, engaden os seus familiares.

Pouco antes de coñecerse este achado, un centenar de veciños de Rabo de Galo concentrábanse na parroquia para pedir que non se deixase de buscar esta ourensá e gardaron dous minutos de silencio no seu recordo

Pouco antes de coñecerse este achado, un centenar de veciños de Rabo de Galo concentrábanse na parroquia para pedir que non se deixase de buscar esta ourensá e gardaron dous minutos de silencio no seu recordo. A presidenta da asociación de veciños de Rabo de Galo, Lorinda Fernández, explicou que Socorro Pérez criouse na zona e era unha persoa "boa e solidaria" da que os seus veciños destacaron o seu compromiso á hora de "colaborar" en todas as actividades que organizaba a parroquia.


Unha curmá de Socorro agradeceu entre bágoas o apoio e pediu "que apareza". "Acordámonos de Socorro, queremos que apareza e que sigan con todo o que están a facer para atopala" e que ninguén se esqueza dela", reclamou.


Nese instante sóubose do achado dun corpo na zona do Seminario onde se buscaba á muller, polo que varios veciños desprazáronse ata as inmediacións a fin de coñecer de primeira man se podería tratarse dela, extremo que se determinará mañá tras a realización da autopsia.

Comentarios