domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Feijóo buscará que a Lei Celaá "teña a mínima aplicación posible" en Galicia 

Feijóo, este luns en Pontevedra. EFE
Feijóo, este luns en Pontevedra. EFE
"A Lei Celaá é unha mala lei", sinala o presidente da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Goberno galego buscará que a nova lei educación, coñecida como 'Lei Celaá', teña "a mínima aplicación posible" en Galicia que permita o marco normativo. 

A preguntas dos medios en Pontevedra, Feijóo considerou que "a Lei Celaá é unha mala lei", porque "ten unha visión da sociedade española reduccionista" e "divide" ao entender que "soamente pode haber un modelo", que é "o que teñen o Goberno ou os seus socios". 

"Nós non compartimos esa lei e o que imos pretender é que no ámbito das nosas competencias esa lei teña a máis mínima aplicación posible", sinalou. 

Neste sentido, a Xunta seguirá aplicando "na medida do posible" a normativa educativa galega actual, "salvo que, por imperativo, legal haxa algún precepto de obrigado cumprimento". "Coa lexislación actual entendo que podemos adoptar a inmensa maioría das decisións", resolveu. 

Sobre os preceptos da norma, defendeu que a comunidade vai manter a "riqueza lingüística" vixente e que o sistema educativo seguirá contando con dous "idiomas" (galego e castelán) e "non un só". 

Igualmente garantiu que en Galicia se distingue "entre aprobar e suspender" e que "seguirán existindo os concertos" e que a renda familiar non de ser o factor determinante "para decidir se un fillo ten que estar nunha escola privada ou pública" 

"Cremos na calidade educativa, cremos no plurilinüismo, no bilingüismo cordial e cremos na liberdade de elección dos pais, e no que non estamos de acordo para nada é que soamente se poida mandar a un colexio privado aquela familia que teña diñeiro", concluíu. 

Feijóo buscará que a Lei Celaá "teña a mínima aplicación posible"...
comentarios