Feijóo debuxa unha Galicia "familiar, nova, innovadora e verde" para o 2030

O presidente da Xunta ilustra esta situación fronte a unha España de incerteza "" 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, marcou este xoves os obxectivos a conseguir polo seu Goberno de face á nova década que culminará no ano 2030: "Unha Galicia máis familiar, máis nova, máis innovadora e máis verde"

Estas son os principais retos para os próximos dez anos e que foron expostos polo titular do Executivo autonómico nunha reunión con todos os altos cargos da Administración —conselleiros, directores xerais, secretarios xerais e delegados territoriais— celebrada no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago. 

Desde alí, Feijóo apelou a que "todas as administracións teñen que reaccionar" fronte a unha España de incerteza "política" e fronte ás "divisións partidistas" que tamén afectan, advertiu, á Comunidade galega. 

"O pegamento dos galegos ten que ser a Xunta. Estamos aquí para que isto non vaia depender dun voto ou outro voto", insistiu, posto que os eixos de actuación expostos na mañá deste xoves "non son obxectivos dunha ideoloxía, dunha corrente ou dun goberno concreto", senón "dunha Comunidade Autónoma". 
 

Comentarios