Feijóo: "Falarei cando se convoque o congreso extraordinario do PP"

O presidente da Xunta non quixo dar máis pistas sobre se optará ou non a liderar o PP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves, preguntado sobre se optará ou non a liderar o PP nacional tras anunciar a súa marcha Mariano Rajoy, que tomará "a decisión" e comunicaraa a partir do momento en que se convoque o congreso extraordinario do PP, nos tempos que marque a xunta directiva do próximo luns. 

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta varias veces por esta cuestión e con distintas formulacións, o mandatario autonómico non quixo dar máis pistas sobre o seu futuro, aínda que si admitiu que a situación do PP podería ter un "impacto" directamente no partido en Galicia no que respecta aos calendarios previstos, como o das eleccións municipais.

En todo caso, asegurou que sería "un impacto" de semanas e non de meses. 

Comentarios