Feijóo ve con "asombro" o investimento de Nadal de Vigo, "a cidade con máis problemas sociais"

O presidente da Xunta asegura que Abel Caballero prioriza "investimentos suntuarios"

Alberto Núñez Feijóo, tras el Consello da Xunta. LAVANDEIRA (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta. LAVANDEIRA (Efe)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmouse en que "asombra" que "o mesmo grupo que di que hai un problema de pobreza en Galicia", o PSOE, "priorice investimentos suntuarios" como as luces de Nadal de Vigo "para maior honra e brillantez de determinados políticos", en referencia, sen mencionalo, do alcalde, Abel Caballero.

"Dixen o que dixen no Parlamento e está no diario de sesións: o PSOE está moi preocupado polo índice de pobreza e asombra que despois, na cidade con máis problemas sociais, que é Vigo, os socialistas prioricen determinadas compras do Nadal e descoiden a política social", afeou, tras o Consello da Xunta.

En todo caso, Feijóo concluíu que non se mete coas luces das cidades nin tampouco coas de Vigo porque "non é a súa competencia". "Cada un ten as súas prioridades, as nosas son as políticas sociais, sanitarias e educativas", resolveu.

Comentarios