Feijóo, sobre Vox: "Ese fenómeno electoral non ten cabida en Galicia"

O presidente da Xunta considera que o repunte do partido de ultradereita é froito dos respaldos de Pedro Sánchez na Moncloa

Alberto Núñez Feijóo, durante el Consello da Xunta, este miércoles. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, durante o Consello da Xunta, este mércores. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, considerou este mércores que pese ao "espectacular" resultado de Vox en Andalucía, é unha formación que non ten cabida en Galicia.

"Ese fenómeno electoral non ten cabida en Galicia", dixo o presidente galego na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, remarcado que non cre que a formación de Santiago Abascal teña na Comunidade galega "un caladoiro de votos".

"En Galicia sabe todo o electorado que nós somos un partido constitucionalista de principio a fin", dixo o presidente galego, que subliñou que o PP mantén un compromiso coa carta magna que significa estar a favor "da unidade da nación española, defender a igualdade dos españois e, terceiro, defender o estado das autonomías".

Feijóo: En Galicia sabe todo o electorado que nós somos un partido constitucionalista de principio a fin

Para Núñez Feijóo, o resultado de Vox "é un produto da situación política catalá e da moción de censura", polo que cre que non afecta a Galicia, xa que non gobernan con nacionalistas e independentistas.

Segundo o presidente galego, "ese produto" que, sendo un "partido descoñecido" pasou de 20.000 votos a 400.000 nunha lexislatura, é froito dos respaldos de Pedro Sánchez na Moncloa, "Podemos, Bildu, ERC e PDeCat".

Se estas formacións non fosen "o soporte" do Executivo central, a irrupción de Vox "non tería en ningún caso esta dimensión", remarcou Núñez Feijóo.

En todo caso, o presidente da Xunta definiu a Vox como "un fenómeno transversal" que conta con votos "de todas as forzas políticas".

Fronte ás peticións recentralización das competencias autonómicas que reclama Vox, Núñez Feijóo insistiu en que el é partidario de coordinar "e homoxeneizar" pero non centralizar. Ademais, recordou que para iso sería necesario un referendo posto en España e nas comunidades.

Por iso, subliñou que a pesar de que para os nacionalistas el sexa unha persoa centralista e "para o señor Abascal sexa o máximo descentralizador", a virtude del e do seu Goberno é ser "centrorreformista e galeguista".

Comentarios