sábado. 16.11.2019 |
El tiempo
sábado. 16.11.2019
El tiempo

Felipe VI felicita á parroquia pontevedresa de Cerponzóns polo seu milenario

Felipe VI. LUIS TEJIDO (EFE)
Felipe VI. LUIS TEJIDO (EFE)

O Rei enviou unha misiva á Asociación de Veciños O Chedeiro para darlles o parabén 

A Casa Real enviou unha carta á asociación veciñal de Cerponzóns para felicitar aos seus veciños polos mil anos que cumpre a parroquia pontevedresa, rexistrada orixinalmente co nome de Serponçons o 30 de marzo de 1019.

"Con motivo da celebración do milenario da parroquia de San Vicente de Cerponzóns, desexo facer chegar a miña máis cordial felicitación e parabén a todos os seus conveciños. Con todo afecto e os meus mellores desexos para o futuro". Con estas palabras, o rei Felipe quixo enviar un cariñoso saúdo aos veciños da parroquia que este ano conmemora o seu milenario con multitude de eventos. 

A carta vai dirixida a Juan José Esperón, da Asociación de Veciños O Chedeiro, que se propuxo conmemorar o milenio da parroquia coa recuperación de varios elementos do patrimonio cultural local, entre eles a vella Ponte Malvar (construído no século XVIII), o Camiño Real e outras xoias do acervo cultural local, como o retablo do cruceiro do lugar da Balea, desaparecido nos primeiros días de 2017.

Os mil anos de historia da parroquia pontevedresa tamén quedarán rexistrados na un documental dirixido por Pablo Cacheda que terá uns 30 minutos de duración.

Felipe VI felicita á parroquia pontevedresa de Cerponzóns polo seu...
Comentarios