Ferida unha persoa ao saírse o seu coche da vía e envorcar en Vedra

O accidente tivo lugar na estrada N-525
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

A saída de vía dun vehículo no mediodía deste luns en Vedra saldouse cunha persoa ferida. Ocorreu na estrada N-525 preto das 12.45 horas. Segundo explicaron fontes do 112 Galicia, a vítima atópase ferida pero, en principio, non reviste gravidade. levou un golpe na cabeza, pero estaba liberada e accesible cando os servizos de urxencia chegaron á zona. 

O coche saíuse da vía e envorcou nunha cuneta. Por isto, avisouse aos servizos de urxencias e á Garda Civil de Tráfico, así como aos efectivos do GES.