Ferida unha muller tras envorcar o vehículo que conducía en Vilardevós

A vítima quedou atrapada no interior do coche e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Verín para a súa excarceración

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado este luns ao envorcar o vehículo que conducía no municipio ourensán de Vilardevós.

Segundo informou o 112 Galicia, a muller ferida foi excarcerada ao quedar atrapada logo de envorcar o vehículo que conducía. O accidente tivo lugar sobre as 10.00 horas na recta de Enxames.

Urxencias Sanitarias solicitou ao CAE 112 Galicia medios para poder sacar á condutora do interior do vehículo sinistrado. Así, alertouse aos Bombeiros de Verín que, unha vez no lugar, liberaron á condutora e única ocupante do vehículo.

A intervención dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Vilardevós tamén foi requirida polo persoal do 112 Galicia. Ao lugar, o 061 desprazou un médico de Atención Primaria e unha ambulancia asistencial que levou á ferida, M.P.L., de 45 anos, ao Hospital de Verín, segundo indicaron fontes sanitarias.

Comentarios