Ferido tras cravarse un arpón en Bueu cando facía pesca submarina

Os feitos sucederon despois do mediodía na praia de Mourisca.

 

Un home resultou ferido este domingo en Bueu tras cravarse na perna un arpón cando practicaba pesca submarina, informou o servizo de urxencias 112 Galicia. Os feitos sucederon despois do mediodía na praia de Mourisca.

Un particular deu a alerta ao servizo 112, ao que indicou que o home saíra da auga polos seus propios medios e que presentaba lesións de consideración nunha perna tras cravarse un arpón co que estaba a pescar.

O servizo 112 alertou a urxencias sanitarias, que se fixeron cargo da atención e evacuación do ferido.