Ferido tras envorcar o coche no que viaxaba en Silleda

O home tivo que ser excarcerado e evacuado en helicóptero

Un home resultou ferido este sábado tras envorcar o coche no que viaxaba pola N-525 á altura do municipio pontevedrés de Silleda. 

Segundo puido saber o 112 Galicia, o home tivo que ser excarcerado polos Bombeiros do Deza, ao quedar atrapado no interior do turismo accidentado. 

Os feitos ocorreron na N-525, sentido Santiago, sobre as 9.20 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia. 

Foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Foron tamén avisados membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.